Friday 22 de November de 2024

O alcalde, xunto con outros membros do grupo de goberno, visitan ás persoas maiores do municipio


 

O alcalde do Concello de Carral e
membros do goberno local visitaron ás persoas maiores do
municipio, un dos colectivos máis vulnerables fronte ao
coronavirus.
Con estas visitas buscouse cumprir varios obxectivos:
comprobar como se atopan os veciños e veciñas máis maiores
do municipio, saber se precisaban algo e informarlles,
persoalmente, do servizo de entrega a domicilio de produtos de
primeira necesidade como alimentos e medicamentos –unha
prestación que o Concello ofrece desde o inicio do
confinamento-.
Por último, o goberno local tamén lles entregou aos veciños e
veciñas máis maiores material de protección, como máscaras e
guantes.