O Concello de Brión quere agradecer publicamente a solidariedade e
colaboración amosada polas empresas e particulares do municipio na loita para frear a
expansión do COVID-19. “A pesar de que a expansión do coronavirus provocou que moitas
empresas tiveran que facer ERTEs pola freada da actividade, moitas delas están a colaborar
desinteresadamente co fin de diminuír a propagación desta terrible pandemia, así como
veciños e veciñas que coa súa solidariedade son un exemplo para construír un Brión mellor”,
apunta o alcalde, José Luís García.
En concreto, o Concello de Brión amosa o seu máis fondo agradecemento pola súa axuda e
colaboración a:
– As veciñas Carmen Ferreiro Silva, Dolores Ferreiro Picado, Olivia Leis Romero e
Carmen García Calviño, que a nivel particular estiveron confeccionando mascarillas
para a colaboración cos Servizos Sociais no seu programa de axuda a domicilio.
– Ao veciño José Sampedro Gandarela, quen cedeu a súa sulfatadora agrícola para a
fumigación e desinfección con tractor, que foi empregada polo Concello de Brión
durante a pasada semana para desinfectar as 106 aldeas do municipio
– A empresa Ánxeles Téxtil S.C., que tamén aportou o seu gran de area confeccionando
mascarillas.
– A empresa Comercial Bastavales, que achegou hipoclorito e unha mochila
sulfatadora.
– A empresa Comercial Brión – Terras de Labranza que, coa axuda de Millasur, S.L.,
doou 8 mochilas sulfatadoras manuais e unha eléctrica.
– A empresa Rodríguez & Rodríguez, que achegou lixivia, luvas e xel hidroalcohólico.
– A farmacia Francisco Rodríguez-Segade Vázquez, que colaborou con xeles
hidroalcohólicos para limpeza e hixiene de mans.
Así mesmo, o Concello de Brión quere agradecer de xeito moi especial aos nosos monitores e
monitoras das actividades municipais (canceladas dende o pasado día 13 de marzo) por
seguir mantendo contacto co alumnado e seguir ofrecendo a través dos seus teléfonos
móbiles as clases de ioga, pandeireta, ximnasia para adultos, receitas de cociña… a pesar de
que en moitos dos casos están acollidos aos ERTES das súas empresas.
Finalmente, o Concello de Brión reitera o seu agradecemento á empresa BeOne Fitness &
Sport (Brión), xestora da piscina cuberta municipal, que puxo a disposición de toda a
veciñanza de forma gratuíta #euadestronacasa, un programa de adestramento virtual para
manterse activo e en forma dende a casa con máis de 300 clases virtuais de tonificación,
baile, HIT, meditación, Ioga, Pilates…