Friday 22 de November de 2024

Muxía impulsa unha iniciativa colectiva de ánimo e solidariedade en tempos de coronavirus


Desde o Concello convidan á veciñanza a “cubrir os balcóns e fiestras de todo o municipio con pancartas e debuxos en positivo para reforzar o estado anímico da veciñanza”.

O Concello de Muxía impulsa unha iniciativa colectiva de ánimo e
solidariedade para implicar a toda a veciñanza. Será o domingo, 5 de abril e ás 12:00
horas da mañá e desde o consistorio convídase a “cubrir os balcóns e fiestras de todo o
municipio con pancartas e debuxos en positivo para reforzar o estado anímico de todas
e todos”, apuntan.
Baixo o lema “non hai coronavirus que poida co noso estado de ánimo”, trátase de
implicar ao maior número de xente posible para reforzar positivamente as emocións
durante este confinamento.
O alcalde de Muxía, Iago Toba, destaca que “é unha iniciativa bonita e servirá para
inxectar un pouco de moral en toda a veciñanza. Levamos máis de 20 días de
confinamento e o noso municipio está a ter un comportamento exemplar. Como reza o
noso lema, non hai coronavirus que poida con oso ánimo”, apunta o rexedor.