Saturday 16 de November de 2024

A Deputación, o Concello da Coruña e a UDC poñen ao dispor da Área Sanitaria da Coruña a Residencia Universitaria “Elvira Bao”


O inmoble funcionará como residencia temporal para o persoal sanitario da área sanitaria coruñesa que loita contra o Covid-19

 

O edificio usarase como residencia temporal para o persoal sanitario da área sanitaria e do complexo hospitalario coruñés que, polas súas situación familiares ou persoais, precisen dun aloxamento alternativo temporal mentres dure a actual crise sanitaria do Covid-19 para aumentar a súa comodidade e intentar diminuir a carga emocional que a situación comporta, sobre todo a aqueles que traballan en primeira liña.

A comisión de Docencia da Área Sanitaria da Coruña-Cee é a unidade que xestiona este tipo de soporte e apoio ás persoas que o precisen. Por elo, esta Comisión estableceu contactos co persoal sanitario da área para coñecer as súas necesidades e coordinar esta acción.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o reitor da UDC, Julio Abalde, e o xerente do complexo hospitalario coruñés, Luís Verde, acompañandos de persoal técnico do CHUAC, ous doutores Juan Carlos Vázquez Barro e Rosario López Rico, visitaron o pasado luns as instalacións do IES Calvo Sotelo e a Residencia Elvira Bao, cedida pola Deputación á UDC como residencia universitaria, para comprobar que se adaptan ás necesidades e organizar esta cesión temporal.

Parte das instalacións da zona de residencia do IES Calvo Sotelo da Deputación xa foron cedidas e están sendo usadas actualmente por unha dotación dos Bombeiros da Coruña, polo que as autoridades decidiron que, co obxecto de minimizar os riscos, o persoal sanitario ubicarase preferentemente na Residencia Elvira Bao, que conta con accesos de entrada e saída propios.

Na Residencia Universitaria, o persoal sanitario disporá dun inmoble totalmente renovado pola Deputación hai apenas dous anos. A residencia conta con 60 habitacións (58 dobres e dúas adaptadas para persoas con mobilidade reducida) que se usarán de xeito individual para aloxar ao persoal sanitario.

As primeiras persoas usuarias da Residencia incorporaranse mañá xoves, 2 de abril. A Deputación da Coruña colaborará ademáis co persoal sanitario contratando un servizo limpeza e outro de catering que se encargará de suministrar cada día o almorzo e a cea ao persoal médico e de enfermería que se aloxe na Residencia durante o tempo que dure esta crise sanitaria.

A UDC colabora tamén ofercendo servizo e lavandería e INDITEX aportará a lencería das habitacións.

Actualmente, 66 persoas da área sanitaria coruñesa teñen mostrado o seu interese en informarse sobre esta inciativa, á que se incorporarán xa nos vindeiros días 30 preofesionais da área.