Thursday 21 de November de 2024

O Concello de Vimianzo fará efectivos os pagos en tempo e forma durante o estado de alarma


A alcaldesa, Mónica Rodríguez, confirma que “os pagamentos levaranse a cabo cada semana, para garantir a cobertura económica de todos os nosos proveedores e facelo coa máxima frecuencia posible”.

O Concello de Vimianzo fará efectivos os pagos en tempo e
forma durante o estado de alarma. Así foi confirmado esta mesma mañá pola
alcaldesa, Mónica Rodríguez, quen afirma que “os pagamentos levaranse a cabo
cada semana, para garantir a cobertura económica de todos os nosos proveedores
e facelo coa máxima frecuencia posible”, afirma a rexedora.
Desde os departamentos de Intervención e Tesourería axilizarán os pagos e as
facturas que se rexistren telematicamente serán conformadas de forma excepcional
por Alcaldía ou a concellaría delegada para perxudicar o menos posible aos
subministradores.
Esta medida contra a pandemia global provocada polo COVID-19 únese á xa
rexistrada polo consistorio vimiancés, do aprazamento das cotas de servizos a nivel
municipal.
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, afirma que “estamos a traballar arreo
para que ninguén se atope perxudicado nesta crise tan forte que nos salpica en
todos os eidos da sociedade. Agradezo aos departamentos económicos do
Concello, intervención e tesourería o seu esforzo, e aos traballadores da nosa
administración local en xeral”, comenta a rexedora.