Friday 22 de November de 2024

O Concello axiliza o pago a proveedores e compensará o recibo de recollida actividades afectadas polo confinamento de lixo das


*Tamén estuda medidas nos recibos de terrazas no caso da hostelaría

O goberno local pretende impulsar unha serie de accións para mitigar, na medida do posible,
os impactos negativos xerados polo Covid-19 na economía local. Nesa línea de actuacións e tendo en
conta as competencias e limitacións que ten o Concello, a alcaldesa, Margarita Lamela, explicou que
entre os obxectivos marcados pola alcaldía está o e facer frente aos pagos con proveedores no mínimo
tempo posible. “Pedín un esforzo na tramitación e pagamento aos proveedores por parte dos servizos
municipais para intentar paliar dalgunha forma e na medida do posible o impacto que a inactividade
polo estado de alarma supón para moitas empresas”, indicou a primeira edil consciente tamén “que esta
tramitación supón tamén un esforzo para os funcionarios polas condicions de traballo polo
confinamento. A eles tamén teño que agradecer esa dedicación”.
A maiores desta medida, a alcaldía encargou que se estudie a forma de compensar diversos
impostos ou taxas que afectan a colectivos que non poden desenvolver o seu traballo polo estado de
alarma decretado polo Goberno. Así, anunciou que o goberno local ten intención de reducir o recibo da
recollida de lixo para compensar todo o periodo que permanezca pechada a actividade, unha decisión
que a alcaldesa terá que elevar a aprobación do Pleno.
Tamén se está a estudar por parte dos servizos económicos a forma para compensar a non
actividade das terrazas dos establecementos hosteleiros.
En canto aos recibos de auga e saneamento das empresas e locais que non pudieron nin poden
desenvolver a súa actividade, Margarita Lamela anunciou a súa intención de levar unha proposta á
Mancomunidade de Fisterra xa que “é este ente onde os concellos debemos adoptar calqueira tipo de
decisión”.
Estas medidas únense as que xa foron adoptadas dende a entrada en vigor do Decreto logo de
realizar a pertinente consulta cos departamentos de Intervención e Secretaría do Concello. Deste forma
quedaron suspendidas as taxas, renda ou canón de diferentes servizos municipais como o da Escola de
Música, a Escola de Teatro, a gardería municipal, as actividades deportivas e as taxas dos postos do
mercadillo dominical entre outros servizos.
En este sentido, non se cobrará á actividade dende a publicación do Decreto de estado de
alarma e no caso de ser cobrados con anterioridade, procederáse á devolución proporcional. En este
mesmo paquete de medidas incluironse os locais de titularidade municipal do centro comercial cuxa
actividade foi suspendida polo Real Decreto do pasado 14 de marzo. Non se cobrará por parte do
concello o aluguer que coincida co periodo de suspensión da actividade.
Margarita Lamela explicou que na mesma situación están os postos do mercadillo dominical.
Tampouco se lles cobrará aos responsables dos postos este período de obrigada suspensión como
consecuencia do COVID-19.
En relación aos impostos delegados a cobro na Deputación de A Coruña como o Imposto de
Bens Inmobles (contribución), do cemiterio municipal, o imposto de vehículos de tracción mecánica; a
recollida de lixo ou os vados permanentes, seguirán o disposto pola Deputación en canto a pospoñer ata
despois do día 30 de abril o inicio do periodo voluntario de pago, se ben as datas concretas fixaranse no

Nota de prensa

www.cee.gal Gabinete de Prensa: 629 048 469
seu momento. Esta medida foi trasladada á alcadía diante das medidas extrarodinarias por mor do
COVID-19 tomadas pola administración provincial.
A maiores, ata o 30 de abril suspénse tamén a a tramitación de expedientes de fraccionamento
e aprazamento de impostos. Tampouco se dictarán providencias de apremio, nin se practicarán
embargos; Non se autorizarán nin celebrarán subastas, nin se executarán garantías e tampouco se
practicarán notificacións ata despois do 30 de abril.
O Concello explica que para os procedementos iniciados con anterioridade ao 18 de marzo de
2020, suspenderase o cómputo do prazo de duración dos mesmos dende o 18 de marzo de 2020 ata o 30
de abril de 2020.
A atención ao contribuínte realizarase a través de correo electrónico na dirección
atencion.tributaria@dacoruna.gal e, subsidiariamente, a través do teléfono gratuito 900 132 204.
Lémbrase que os contribuíntes poderán facer xestións e consultas a través da Oficina Virtual Tributaria
da Deputación.