Friday 22 de November de 2024

Reforma de beirarrúas e de prazas de aparcamento en Oroso, grazas á colaboración da Deputación da Coruña


A institución provincial achegará 89.950,42 euros para este proxecto

A Deputación da Coruña colaborará na reparación de beirarrúas e da rede de evacuación de augas pluviais na rúa Río Lengüelle de Oroso.

No pleno ordinario de decembro, o goberno provincial aprobou unha achega de 89.950,42 euros para que o Concello de Oroso poida desenvolver esta reforma. O proxecto recolle obras para adecuar a maior parte das beirarrúas e prazas de aparcamento, así como a mellora da rede de evacuación de augas pluviais dende as acometidas da rede existente. Tamén se inclúe unha nova sinalización viaria.

O investimento da Deputación representa o 83% do orzamento total do proxecto que ascende a 108.374 euros.