Saturday 16 de November de 2024

A Deputación inviste 90.000 euros na mellora de varios camiños no entorno de Albixoi, en Mesía


O pleno provincial aprobou este convenio de colaboración co concello para mellorar a capa de rodadura e abrir as cunetas de varias estradas

A Deputación da Coruña achegará 89.990,34 euros ao Concello de Mesía para a renovación do camiño Castiñeiras-Xemeras, en Albixoi, e de outros viarios.

Está previsto mellorar a capa de rodadura con tratamento asfáltico superficial e rego de selado, así como proceder á apertura de cunetas non só nos camiños de Castiñeiras a Xeneras senón tamén en Bruma, no camiño da igrexa ao colexio e Rochiño, en Visantoña e en Graga-Cabrui. Tamén se intervirá nos camiños de Ousende a Quintás, en Albixoi, de Fontefría ao Castrillón, en Cumbrados, de Recea ao Lago en Castro, e no viario que conecta a N-634 coa carretera provincial en Lanza, ademáis de no camiño de Beledo-Xanceda.

A Deputación asumirá en solitario esta reforma de preto de 90.000 euros que permitirá mellorar a seguridade viaria dos vecinos do entorno.