Saturday 16 de November de 2024

O Concello comezou esta semana cos labores de desinfección nos espazos públicos máis concorridos do municipio


 

Como parte do protocolo para frear a expansión do coronavirus, o Concello de Carral puxo unha nova medida en marcha: a desinfección dos espazos públicos máis concorridos do termo municipal. Todos os días á primera hora da mañá, os operarios percorren algúns dos lugares e puntos máis frecuentados de Carral para aplicar unha mestura de auga e lixivia, a solución recomendada polo Ministerio de Sanidad para executar os labores de desinfección.

Esta medida levarase a cabo de forma continuada e por un período de tempo indefinido. Estes traballos están realizándose nas inmediacións do centro médico de Carral, nos supermercados, farmacias, bancos, nos estancos e, en xeral, nos establecementos que seguen abrindo as súas portas.

O goberno local agradece o “esforzo e dedicación destes operarios”, así como de “todos os voluntarios e voluntarias que, de maneira anónima, levan aportado o seu gran de area desde o comezo deste confinamento”.