O goberno local valora o traballo de voluntarios que fan este días máscaras pero seguindo as directrices da delegación do Goberno e do Colexio de Farmacéuticos e autoridades sanitarias só repartirá como institución material homologado.
O Concello de Vimianzo reparte estes días entre os colectivos profesionais todo o material de protección para loitar contra o coronavirus, sempre cumprindo os requisitos legais. Polo tanto como institución, imosa loitar para poder achegar a máxima cantidade de material posible para chegar aos colectivos e persoas que así o precisen. Con todo, apostarase polos EPI’s, que cumpran os estándares mínimos para garantir a protección.
Aínda que o xesto é un agarimoso arranque de solidariedade, nun momento de extrema dificultade, os colectivos profesionais non aconselan o emprego de mascarillas artesás. Nembargantes, tendo en conta os escritos recibidos tanto o Colexio de Farmacéuticos como d a subdelegación do Goberno en relación a estas máscaras, o Concello, como institución, non pode repartir este tipo de material ao non garantir a seguridade. Cabe destacar que estes non cumpren cos criterios técnicos de fabricación de fabricación que recomendan as autoridades sanitarias, como a OMS. Nesta liña, a Organización Mundial da Saúde tamén desbota a utilización das mascarillas de tea. Este organismo declara que “non son recomendables baixo ningunha circunstancia”.
“O que non podemos facer é fomentar o reparto de mascarillas que non garantan ao 100% a seguridade das nosas traballadoras e traballadores, tanto do 061 como do Servizo de Axuda no Fogar ou das fozas de seguridade, por poñer un exemplo”, afirma a alcaldesa, Mónica Rodríguez.
O Concello repartiu material como máscaras, gafas protectores, luvas, botas e buzos en función das necesidades aos distintos departamentos. Material doado por empresas ou adquirido polo propio Concello, sempre legalmente regulado. Respectamos as opcións doutros concellos, pero entendemos que “por responsabilidade e aínda que nos pese desbotar esta opción, non podemos facer un reparto de algo que non se axusta a unha serie de directrices de seguridade”, indica a primeira edil quen considera que “outra cousa e que o reparto se faga dende algunha asociación que pola súa conta o faga, pero non dende unha administración pública”.
Neste sentido, aclarou que “non se trata de non querer colaborar só, simplemente de cumprir unha serie de protocolos que en esta situación son necesarios”.
Entendendo e valorando o traballo de todos os voluntarios o, a alcaldesa pide comprensión. “Non podemos poñer en risco a saúde da nosa veciñanza. Non é o momento, están en xogo as vidas de moita da nosa xente”, conclúe a rexedora.