A compañía subvencionará a adquisición de produtos básicos de alimentación e hixiene, os gastos sanitarios urxentes non cubertos pola Seguridade Social e roupa e aveños para menores e persoas dependentes
O Concello de Cee, e grazas á doazón de XEAL, axudará aos colectivos máis vulnerables neste estado de alarma. A compañía subvencionará a adquisición de produtos básicos de alimentación e hixiene, os gastos sanitarios urxentes non cubertos pola Seguridade Social e roupa e aveños para menores e persoas dependentes.
Esta achega permitirá ao Concello paliar situacións de necesidade que están a xurdir nas últimas semanas como consecuencia da crisis causada polo COVID-19. Algunhas das actuacións concretas destinadas a menores de idade e persoas dependentes serán: adquisición de productos de alimentación e hixiene de primeira necesidade, pago de subministración eléctrica e auga, pago de alugueres de vivendas habituais, gastos de aloxamento de emerxencia, de transporte, adquisición de roupa e aveños de primeira necesidade e gastos sanitarios urxentes.
A alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, quixo agradecer “o enorme xesto de XEAL. Durante esta crise é importante que todas e todos poidamos achegar todo o que está na nosa man. Coa súa doazón, Xallas Electricidad y Aleaciones ayudará, a través del Concello, a un colectivo especialmente afectado por el coronavirus. Desde aquí agradecemos de todo corazón su voluntad”, destacou a rexedora.