A través das súas redes sociais, soben contidos para que o coñecemento e a divulgación ocupen tempo entre os quefaceres das e dos coruñeses
Os Museos Científicos coruñeses traballan a diario a
través das rúas redes, en Twitter, Facebook e Instragram, por lle propoñer á veciñanza
contidos de carácter propios co fin de entreter formando ás e aos que están na casa. Deste
xeito, soben suxestións sobre distintos temas para que as persoas usuarias reflexionen ou
ofrecen vídeos sobre o mantemento dos animais no Aquarium. Tamén formulan
experimentos fáciles de realizar, así como actividades sinxelas que se poden desenvolver
en familia co fin de que a ciencia e o coñecemento ocupen tempo no quefacer diario das e
dos coruñeses.
Por outra banda, reforzan as publicacións que si están aportando datos científicos de
calidade con respecto da pandemia e lanzan misivas con base xa que, segundo o seu
director, Marcos Pérez, circula moita información de calidade, pero hai unha parte
importante que “responde a suposicións sen criterio e carentes dunha perspectiva global
dado que se trata dun problema inédito no mundo”.
Noutras ocasións, as novas están xa caducas e nese aspecto, desde a rede museística
validan aquilo que si é veraz e está actualizado. Ademais, advirten de todo o que son bulos
e novas falsas que se transmiten, sobre todo, a través do whatsapp.