A psicóloga municipal elaborou un documento cunha serie de consellos para aplicar nesta época.
O Concello de Camariñas, a través da psicóloga municipal, Ana
Martínez Arranz, elaborou un documento dirixido especialmente a
todas as familias con nenas e nenos que inclúe recomendacións para
levar a cabo durante a época de confinamento por mor da expansión
da COVID-19.
Consellos como seguir unha rutina diaria, elaborar un horario que
estea exposto nun lugar visible da casa, respectar os espazos comúns
e os privados do fogar, aproveitar o tempo facendo tarefas
produtivas, levar a cabo exercicio físico diario, acometer tarefas
pendentes ou facer un bo uso das novas tecnoloxías.
Ademais, neste documento tamén se aporta, para quen os necesite,
unha serie de actividades e xogos que se poden facer na casa
adaptados ao espazo do que dispoña cada un, como por exemplo ‘A
busca do tesouro’, ‘Camiño de obstáculos’, ‘Pompas de xabón’ ou o
‘Pilla-Pilla’.
Por outra banda, aconséllase ás familias que animen aos máis
pequenos do fogar a participar nas tarefas domésticas. “Cantas máis
oportunidades lles demos para facer unha actividade de xeito
independente antes serán capaces de realizala por si mesmos. Se o
consegue durante estes días darlla unha dose extra de autoestima e
confianza en si mesmo”, explica a psicóloga.