A concellería de Deportes habilita un correo no que se poden solicitar estes documentos: maria.bardanca@malpicadebergantinos.es.
O Concello de Malpica repartirá táboas de exercicios para
garantir o benestar físico á poboación máis maior. A concellería de Deportes habilitou
un correo no que se poden solicitar estes documentos:
maria.bardanca@mapicadebergantinos.es
Ao longo da semana pasada xa se fixo entrega ás persoas usuarias do servizo
“ximnasia terapéutica”, aínda que están pensados para toda a poboación que máis
poida sufrir a falta de exercicio físico.
Neste senso, xa se acolleron a esta medida preto de 50 veciñas e veciños. O alcalde
de Malpica, Walter Pardo, agradeceu “a boa acollida que tivo esta medida. É moi
importante o benestar físico e estamos a disposición das veciñas e veciños para
impulsar medidas que o favorezan”, di o rexedor.