Friday 22 de November de 2024

O Concello pon en marcha unha iniciativa para promover a actividade deportiva nas casas durante o estado de alarma


O Concello de Cee, a través do servizo municipal de Deportes, vén de poñer en marcha unha
nova iniciativa para darlle alternativas á veciñanza para pasar na casa este periodo de confinamento
durante o estado de alarma polo COVID-19. Así, en colaboración con profesionais do ámbito da
actividade física veciños de Cee, o Concello poñerá en marcha un servizo de axuda e guía para xente
que habitualmente fai deporte e para o resto de veciños que non o soen facer, é dicir, “unha actividade
dirixida a toda a veciñanza”, indicou á alcaldesa, Margarita Lamela.
Os contidos subiranse ás redes sociais do Concello os martes e os venres habilitando tamén un
correo electrónico na dirección a.f.s.confinamentocovid19cee@gmail.com para facer calqueira tipo de
consulta. Para esta iniciativa o servizo municipal de deportes conta coa colaboración de Javier Novo,
licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deportes, especialista en valoración funcional e exercicio
correctivo; Miguel Blanco, doutor en podoloxía e profesor do master en podoloxía clínica e deportiva na
UCAM; e Jorge Rodríguez, grado en Ciencias da Actividade Física e Deportes, diplomado master en
Educación Física e Máster NNEE de apoio educativo. A todos eles, e aos traballadores municipais a
primeira edil agradeceu esta iniciativa que ven a completar outras impulsadas polo Concello xunto a
outros servizos municipais.
Esta medida únese a felicitación de cumpleanos aos más cativos, a recollida de debuxos para
logo publicar nas redes ou a música que soa na vila para animar aos veciños durante este confinamento.