Estudarán medidas conxuntas para impulsaren a actividade económica canto se levante o estado de alarma co fin de paliar o impacto da crise
A alcaldesa, Inés Rey, reuniuse esta mañá por
videoconferencia cos e coas responsables dos concellos da área metropolitana e mais do
Consorcio das Mariñas e Arteixo, -agás co rexedor de Oleiros, Ángel García Seoane, que
non puido estar presente- para poñeren en común a situación actual da comarca. As/os
representantes de Carral, Cambre, Culleredo, Abegondo, Bergondo, Sada, Betanzos e
Arteixo coincidiron en sinalar a necesidade de equipos de protección individuais para o
funcionariado e persoas empregadas de concesionarias de servizos públicos básicos.
Os rexedores e rexedoras coincidiron en sinalar que moitas e moitos dos que conforman
estes cadros de persoal non terán suficiente material nestas semanas para se protexer e
garantir a súa seguridade e a das/dos demais, polo que o conxunto de alcaldesas e alcaldes
lles reclamarán conxuntamente tanto á Federación Española de Municipios e Provincias
(FEMP) como ás autoridades autonómicas e estatais que lles transfiran equipos de
prevención ás súas administracións locais, xa que desde os concellos lles resulta imposible
conseguilos.
Por outra banda, acordaron estudar medidas económicas conxuntas co fin de dinamizaren a
actividade industrial e empresarial cando finalice o decreto de alarma, de xeito que
favorezan as e os empresarios, Pemes e persoas autónomas que prestan os seus servizos
Nota de Prensa
ou xeran produtos en toda a comarca da Coruña. Segundo Rey, estas medidas serán
estudadas polos servizos económicos do concello co fin de analizar as que si poden acadar
unha maior efectividade se son aplicadas pola totalidade de consistorios.
Aseguran que haberá que esperar a coñecer o impacto deste parón industrial e empresarial,
aínda que non lle cabe dúbida de que haberá perdas moi importantes na nosa economía.
Entenden que este tipo de decisións se deben tomar de forma conxunta xa que todas/os
residen nunha mesma área metropolitana e o lóxico é que reactiven a actividade económica
en bloque.
Ademais, as/os rexedores da comarca puxeron sobre a mesa as determinacións que
tomaron en cadanseu concello a nivel fiscal, de contratación, seguridade e protección. Entre
todas e todos realizaron tamén un balance sobre a resposta dos servizos públicos
compartidos entre os distintos municipios como é o caso de Edar Bens, a subministración
de auga, o transporte público e a planta de residuos de Nostián.
Rey, que convocou esta videoconferencia coa bisbarra, agredeceulles aos seus homólogos
as propostas e demandas derivadas desta situación de confinamento con respecto aos
servizos consorciados.