Friday 22 de November de 2024

Controis especiais da Policía Local para evitar as saídas inxustificadas da cidade durante a fin de semana


 

Os e as axentes de policía que participaron neste dispositivo empregaron pantallas protectoras confeccionadas co material certificado que  empresa MAMPAT doou e que tamén se lles entregará aos Bombeiros, Protección Civil, Garda Civil, Policía Nacional, 061 e Servizos Sociais

A Policía Local levou a cabo este mediodía,
seguindo as instrucións da autoridade competente, controis especiais nas saídas e
entradas da cidade co fin de evitar os desprazamentos non xustificados por mor da
chegada da fin de semana.
Todos os corpos e forzas de seguridade da cidade participaron neste dispositivo que
se realizou nas principais vías de acceso e saída do municipio para impedir o éxodo
dos vecinos e veciñas sen causa xustificada e, polo tanto, incumpren as normas
decretadas polo estado de alarma.
Os e as axentes da Policía Local xa estiveron a utilizar nestes controis as pantallas
de protección confeccionadas polo propio corpo de seguridade municipal seguindo
as instrucións de MAMPAT, a empresa que lle doou ao concello da Coruña o
material certificado necesario para a montaxe destas pantallas. Nestes momentos,
tamén están a utilizar estes equipos de protección o corpo de Bombeiros, Protección
Civil, Policía Nacional, 061 e a Garda Civil do centro penitenciario de Teixeiro.
Ademais, xa se lles achegaron as primeiras pantallas ás entidades de Servizos

Nota de Prensa

Sociais e doutra índole: Ingesan, FEPAS, CLECE, Equipo de Atención Social (EAS),
Hábitat, comedor social Novoboandanza, comedor social de Monte Alto, Padre
Rubinos, Cáritas, Cociña Económica, ACCEM, Asociación Renacer, Fundación
Amigó, Hogar Boanoite, SEMUS, Asociación Antonio Noche, Hogar Sor Eusebia,
Centro de Acollida Betania e Fundación Hogar Santa Lucía.
O concello está a traballar tamén nunha actuación similar con xeles desinfectantes,
que xa se están a repartir entre as entidades da cidade.