O Concello recibiu a primeira achega de material a través da Xunta
O Concello de Noia está a intensificar e ampliar os traballos de
limpeza e desinfección para evitar a propagación do coronavirus COVID-19. Uns traballos
para os que dende onte conta con novo material achegado pola Delegación Provincial da
Xunta de Galicia e consistente en mascarillas, luvas e equipos de protección integral que
foron recollidos na xornada de onte e repartidos entre o persoal municipal de Protección Civil
que se encarga das limpezas.
O alcalde de Noia, Santiago Freire, explica que “temos que agradecerlle á Xunta de Galicia a
achega deste material así como das próximas entregas, que iremos recibindo de forma
escalonada ao longo das próximas semanas. Así mesmo, quero reiterar o noso máis sentido
agradecemento a todos os particulares e empresas que están colaborando connosco de forma
totalmente desinteresada”.
Os traballos de limpeza e desinfección que se están levando a cabo comezaron a semana
pasada con actuacións puntuais en lugares de especial concorrencia veciñal, como o centro de
saúde ou a estación de autobuses. Nos días posteriores, o Concello de Noia ampliou este
servizo a outros lugares como a praza de abastos e as entradas dos principais supermercados,
tendas de alimentación, panaderías, peixerías, carnicerías e entidades bancarias no municipio.
Paralelamente, durante esta semana acometeuse un plan especial de limpeza por todas as rúas
da vila, onde foron fumigadas papeleiras, zonas de apoio, pasamanos, marquesiñas,
contedores e beirarrúas, aplicando máis de 1.600 litros de produto desinfectante a diluír en
auga segundo as indicacións das autoridades sanitarias.