Friday 22 de November de 2024

A Xunta pon a disposición dos concellos da provincia 53.200 unidades de protección nos primeiros días de reparto


Distribuíronse 8.000 mascarillas, 42.200 guantes e 3.000 traxes de protección

A Xunta, a través da delegación territorial da Coruña, puxo a disposición dos concellos da provincia da Coruña nos primeiros días de reparto 8.000 mascarillas, 42.200 guantes e 3.000 traxes de protección.

Ademais, desde a Delegación continúase coa actuación do Servizo de Defensa Contra Incendios para levar a cabo a desinfección dos exteriores das residencias de maiores e discapacitados e dos centros de saúde.

Desde a delegación territorial continuarase facendo distribución de material de protección nos próximos días a medida que o material vaia chegando.

Entre os cometidos do Posto de Mando Avanzado está centralizar as peticións dos concellos en relación coas necesidades de material, en coordinación coa FEGAMP que xa conta cun formulario na súa web para recoller esa información. Ademais, actúa como un punto de información para os concellos.