Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Malpica decide devolverá as cotas das taxas en materia deportiva


A devolución dos importes realizarase mediante dous procedementos principais.

O Concello de Malpica decidiu devolver o pago das taxas en
materia deportiva durante o mes de marzo, comunicándolle ás persoas usuarias que
non procede ao cobramento da parte proporcional das mesmas.
Devolveranse mediante dúas posibilidades: en primeiro lugar, si se decreta o fin do
estado de alarma e se realizan as actividades no mes de maio, compensaranse coa
cota dese mes. Por outra banda, si se dese a posibilidade da non reanudación das
mesmas, o Concello iniciará un expediente de devolución de ingresos de oficio, que se
fará efectivo nas contas polas que se cobraron os recibos.
O alcalde, Walter Pardo, sinala que “é unha medida xusta, que impulsamos porque
estamos nun estado de alarma e temos que contrubuír en todo o que poidamos. Non
era de recibo cobrar por un servizo que non se está a prestar”, concluía o rexedor.