Fabricaranse 14.000 con ‘tejido no tejido’ (TNT) que adquiriu o Concello
O Concello de Camariñas acaba de iniciar o proceso de confección
dun total de 15.000 mascarillas que posteriormente repartirá ás
persoas en situación de risco e ao conxunto da poboación para loitar
contra a expansión do COVID-19.
O goberno local mobilizou ao departamento da Mostra do Encaixe
para que, a través dos seus contactos, se puidese conseguir o
material e crear unha rede de voluntarios para confeccionar
mascarillas de protección para a cidadanía e minimizar así os
contaxios por coronavirus.
Esta rede de voluntarios, que traballará desde os seus fogares, está
formada por 40 persoas, que se dividirán entre corte e costura para
crear as mascarillas, que se farán todas con tela doble para maior
protección. Fabricaranse 14.000 con material ‘tejido no tejido’ (TNT)
que adquiriu o Concello e outras 1.000 con algodón 100% doado pola
empresa Yutes, de Barcelona. O material está sendo distribuído polos
axentes da Policía Local e Protección Civil nas casas dos voluntarios.
Estes operarios serán tamén os encargados de recoller todas as
mascarillas cando estean listas e tamén se encargarán do reparto.
Este material estará dirixido ao conxunto da poboación, en especial
aos colectivos máis vulnerables e aos traballadores.
O reparto farase a través das empresas que teñen que estar abertas
ao público: supermercados, farmacias, panadarías, tendas de
Gabinete de prensa: 618 081 497
alimentación, agro… Ademais de facilitarlles mascarillas para os seus
traballadores deixaráselles un stock para que as persoas que vaian
mercar as poidan coller.
A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, recordou que “aínda que
estas mascarillas non son válidas para o persoal sanitario ao non
estar homologadas, son unha ferramenta útil para o día a día dos
veciños e veciñas de Camariñas nuns tempos nos que é moi difícil
atopar este produto”.