Friday 22 de November de 2024

O Teatro Colón amosa o talento das coruñesas e coruñeses nas súas canles sociais


 

A iniciativa xorde co fin de entreter a veciñanza que segue á entidade cultural nas redes sociais e de promover o talento local

O Teatro Colón impulsa unha iniciativa para as
persoas seguidoras das súas canles sociais, co fin de compartir publicamente o
talento local e ao mesmo tempo entreter a veciñanza nestas semanas de
confinamento a causa do decreto do estado de alarma pola crise do Covid-19.
A metodoloxía para que as persoas usuarias das redes sociais poidan achegar os
seus vídeos, co fin de que se suban nas canles sociais do Teatro Colón consiste en
etiquetar a devandita entidade nos seus vídeos.
A iniciativa, que comezou hai uns días e xa conta con varios vídeos de música en
directo, enmárcase dentro do cancelo #corunaencasa que desde hai días se está a
empregar nas diferentes canles sociais do concello e que lle permite á veciñanza
que se atopa confinada nos seus fogares acceder a contidos culturais e educativos
en liña.