Saturday 16 de November de 2024

O concello de Touro desinfecta os espazos públicos para combater os posibles contaxios por COVID19


 

A brigada de mantemento do Concello de Touro procedeu hoxe, 24 de marzo de 2020, á desinfección dos espazos públicos e zonas máis frecuentadas de Fonte Díaz, capital do municipio, para combater os posibles contaxios de coronavirus (Covid19). Os técnicos procederon á desinfección das rúas e inmediacións dos lugares onde hai máis tránsito de veciños, como a sede do Concello de Touro, Centro Médico, farmacias, clínicas dentais, supermercados e carnicerías. Para as tarefas de limpeza e desinfección os traballadores do Concello utilizaron unha disolución de hipoclorito de sodio, un composto que garante a eliminación de todo rastro de coronavirus.

Asimesmo, unha brigada de limpeza e desinfección da Consellería do Medio Rural limpou e desinfectou tamén hoxe as inmediacións da Residencia de Maiores do Concello de Touro e do Centro Médico. O Concello de Touro agradece o traballo do persoal da brigada de mantemento do municipio e a colaboración de veciños e veciñas. #QUEDANACASA