A medida, tomada dende que se decretou o estado de alarma, afecta á escola de música, a de teatro, a gardería, as actividades deportivas, os alugueres dos locais municipais do centro comercial e as taxas do postos do mercadillo dominical, entre outros servizos
O Concello de Cee fixo público un bando municipal, firmado pola alcaldesa, Margarita Lamela, no que recorda a suspensión do cobro das taxas, renda e canon pola prestación de distintos servizos municipais e actividades municipais suspendidas como consecuencia do Real Decreto co motivo do estado de alarma decretado polo COVID 19. A primeira edil explicou que estas medidas xa foron adoptadas dende a entrada en vigor do Decreto logo de realizar a pertinente consulta cos departamentos de Intervención e Secretaría do Concello. Deste forma quedaron suspendidas as taxas, renda ou canón de diferentes servizos municipais como o da Escola de Música, a Escola de Teatro, a gardería municipal, as actividades deportivas e as taxas dos postos do mercadillo dominical entre outros servizos.
En este sentido, non se cobrará á actividade dende a publicación do Decreto de estado de alarma e no caso de ser cobrados con anterioridade, procederáse á devolución proporcional. En este mesmo paquete de medidas que hoxe pola alcaldesa se inclúen os locais de titularidade municipal do centro comercial cuxa actividade foi suspendida polo Real Decreto do pasado 14 de marzo. En este sentido, no se cobrará por parte do concello o aluguer que coincida co periodo de suspensión da actividade.
Margarita Lamela explicou que na mesma situación están os postos do mercadillo dominical. Tampouco se lles cobrará aos responsables dos postos este período de obrigada suspensión como consecuencia do COVID-19.
En relación aos impostos delegados a cobro na Deputación de A Coruña como o Imposto de Bens Inmobles (contribución), do cemiterio municipal, o imposto de vehículos de tracción mecánica; a recollida de lixo ou os vados permanentes, seguirán o disposto pola Deputación en canto a pospoñer ata despois do día 30 de abril o inicio do periodo voluntario de pago, se ben as datas concretas fixaranse no seu momento. Esta medida foi trasladada á alcadía diante das medidas extrarodinarias por mor do COVID-19 tomadas pola administración provincial.
A maiores, ata o 30 de abril suspénse tamén a a tramitación de expedientes de fraccionamento e aprazamento de impostos. Tampouco se dictarán providencias de apremio, nin se practicarán embargos; Non se autorizarán nin celebrarán subastas, nin se executarán garantías e tampouco se practicarán notificacións ata despois do 30 de abril.
O Concello explica que para os procedementos iniciados con anterioridade ao 18 de marzo de 2020, suspenderase o cómputo do prazo de duración dos mesmos dende o 18 de marzo de 2020 ata o 30 de abril de 2020.