A empresa encargada das obras de reurbanización da Ponte do Porto, que tiña previsto comezar estos días, anunciou que posporá o inicio dos traballos ata o fin do Estado de Alarma.
A decisión tómase para evitar poñer en risco aos traballadores e para non molestar co ruído da maquinaria aos veciños e veciñas da zona, que teñen que permanecer nas súas casas durante o confinamento.