Mercados incorpora máis persoal de conserxería nas prazas de abastos
A Concellería de Mercados reforza o cadro de
persoal de conserxería das prazas de abastos con seis profesionais máis que desde
hoxe e polo tempo en que se prolongue o estado de alarma prestarán os seus
servizos. Deste xeito, refórzase o control nos mercados co fin de protexer ao
máximo ao persoal municipal, ás e aos praceiros e vendedoras/es, e á veciñanza e
clientela destes lugares dedicados á compra-venda.
Mercados tomou esta decisión para garantir os protocolos que estableceron desde
Medio Ambiente e saúde laboral en que se recomenda un maior control dos accesos
ás instalacións, a limitación do número de clientas e clientes e a distancia de
seguridade entre as e os compradores.