Friday 22 de November de 2024

Hoxe tivo lugar a segunda reunión da comisión de seguimento da evolución do COVID19 do Concello de Camariñas


 

Hoxe tivo lugar a segunda reunión da comisión de seguimento da evolución do COVID19 do Concello de Camariñas na que, entre outros asuntos, explicouse que:

➡ Continúan as tarefas de desinfección dos espazos públicos e hoxe comezouse a baldear as rúas de Arou, e a desinfectar todos os centros de saúde do municipio, comezando polo de Camelle.
➡ Ademais, os operarios municipais continúan fumigando diariamente os contedores, as entradas dos supermercados, igrexas, froiterías, panadarías, estancos, farmacias e bancos.
➡ A alcaldesa, Sandra Insua, está diariamente en contacto cos grupos municipais do PP e BNG para mantelos ao tanto da situación e das actuacións previstas.