Saturday 16 de November de 2024

A policía sancionou a 63 persoas e detivo a tres desde o inicio do estado de alarma


 

A Xunta de Voceiros reuniuse esta mañá para actualizar a situación e recoller as propostas das e dos representantes das distintas forzas políticas co fin de frear a curva do coronavirus na cidade

A alcaldesa, Inés Rey, o voceiro do Goberno local,
José Manuel Lage, e o responsable de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán,
reuníronse esta mañá co resto das persoas representantes das forzas políticas do
concello para as informar das últimas medidas tomadas e de como están resultando
de cara a frear a curva de contaxio do coronavirus na cidade. Tal e como acordaron
a semana pasada, a xunta, que se realizará dúas veces á semana, convocarase de
novo este xoves co fin de pór ao día en todo momento as e os representantes dos
distintos partidos.
No encontro, as/os voceiros achegaron as súas propostas e falaron de cuestións
laborais e veciñais derivadas deste estado de alarma. Rey destacou a actitude
participativa de todas e todos eles e comprometeuse a estudar as ideas que
presentaron porque “isto é un traballo en común por lles dar unha mellor resposta ás
necesidades das e dos coruñeses”.

Desde o Goberno local, explicaron como está a situación na rúa e informaron das 63
sancións que lle impuxo a policía á veciñanza e das tres persoas que foron detidas
desde o inicio do estado de alarma. Tamén repasaron os protocolos de prevención
establecidos nos diferentes departamentos municipais, en intalacións como os
mercados e áreas e servizos de Medio Ambiente… Ademais, afondaron sobre como

Nota de Prensa

se distribúe a seguridade na Coruña tras a cesión da Deputación de parte do IES
Calvo Sotelo para unha segunda base dos Bombeiros no centro. Na primeira
xuntanza, recordaron tamén todo o referido ao ámbito social e ás axudas, como o
talón comedor e os comedores sociais, o acordo coa Cociña Económica, a
habilitación do albergue no Pavillón de Deportes de Riazor que funciona desde onte,
a gratuidade do aparcadoiro Materno-Oncolóxico e a dispoñibilidade que teñen tanto
o persoal traballador como as persoas usuarias do Abente y Lago para deixaren o
coche nos terreos da Solana.

Tamén trataron temas como a limpeza e a instalación dos baños públicos ou as
negociacións que desde o concello se están realizando para conseguir máis equipos
de protección, aínda que, nese punto, lembraron que o Sergas será o primeiro en
abastecerse, debido a que o persoal sanitario é o que máis se expón ao virus, e a
desinfección e as medidas de seguridade nos hospitais son primordiais.