Thursday 21 de November de 2024

Medio Ambiente intensifica a desinfección dos edificios públicos


No día de hoxe, e de acordo coa Concellería de Mercados, está a procederse á desinfección interior e exterior dos Mercados de San Agustín e Praza de Lugo
A Concellería de Medio Ambiente intensificou
a desinfección nos edificios e dependencias de titularidade municipal
nas últimas horas co fin de combatela expansión do COVID19.
No día de hoxe, e de acordo coa Concellería de Mercados, procedeuse á
desinfección interior e exterior dos Mercados de San Agustín e Praza de Lugo,
tarefa que continuará o luns e martes no resto dos Mercados da cidade; ao
ser estes unhas localizacións de trasfega diaria de persoas, este protocolo de desinfección
farase de forma continuada.
A concellería, que con anterioridade ao Decreto do estado de alarma activara
un protocolo de desinfección, e que entrou en funcionamento co foco orixinado
no Centro Cívico de Feáns, procedeu a desinfectar o Pavillón dos Rosales
(por un positivo entre os usuarios), o Centro de Control de Tráfico, o Pavillón de Riazor
na súa totalidade, e o Colexio Víctor López Seoane. Ademais, dotou á Policía
Municipal e ao Corpo de Bombeiros de instrumental para realizar a desinfección dos
seus cuarteis, e comezou a lavar as rúas con solución de hipoclorito.
A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, asegura que todos os aseos
públicos son desinfectados diariamente dúas veces, ademais de activar o sistema de desinfección
de contedores.
Así mesmo, e seguindo as indicacións da Concellería de Deportes procederase á
desinfección de todas as instalacións deportivas que este servizo considere
necesario, tal como fíxose nos Pavillóns de Riazor e Rosales. De igual
maneira procederase nos CEIPs, Bibliotecas e Escolas Infantís, atendendo ás
prioridades marcadas desde a Concellería de Educación e Cultura, e nos
Centros Cívicos e demais edificios dependentes de Asuntos Sociais.
Para todo este dispositivo de desinfección a Concellería de Medio Ambiente reforzou
e segue facéndoo os equipos ata duplicalos ou triplicalos se fose
necesario.

Nota de Prensa

O obxectivo é desinfectar a fondo e clausurar todas as dependencias municipais
que non vaian ser utilizadas, e realizar a desinfección diariamente daqueloutras
que aínda permanecen abertas, á vez que atender calquera
continxencia que vaia xurdindo durante o tempo que dure o estado de alarma.