Saturday 16 de November de 2024

O Pavillón Municipal de Riazor comeza a dar acubillo ás persoas sen teito desde hoxe


 

As persoas que se aloxen na dependencia municipal pasarán unha triaxe previa para comprobar o seu estado de saúde e faranse controis médicos diarios supervisados polo Sergas

O Pavillón Municipal de Riazor comeza a dar
acubillo ás persoas sen teito desde hoxe ás 15.00 h. A iniciativa, impulsada pola
Concellería de Benestar Social e coa colaboración da Concellería de Deportes,
arrinca cun protocolo de hixiene e seguridade supervisado por técnicos municipais,
persoal do Sergas, Protección Civil, Cruz Vermella e Policía Local.
As persoas que se aloxarán neste espazo municipal, unha vez cheguen, acceden ao
interior e o persoal do Sergas faralles unha triaxe individual para comprobar o
estado destas persoas coas consecuentes medicións necesarias. Unha vez feita a
triaxe, acompañaráselles a outra zona onde se lles propociona roupa limpa e un
xogo de aseo para que posteriormente se poidan asear. A roupa sucia e toallas
entregaráselles ao persoal traballador nunha bolsa precintada e estes encargaranse
de lavar todo e repoñerllo limpo. Unha vez feito esto, as persoas sen teito poderán
acceder ás zonas común que cumpren a normativa de hixiene e as distancias de
seguridade esixidas polo Goberno neste estado de alarma.
As persoas aloxadas no pavillón poderán asearse e comer todos os días. Ademais,
os controis médicos ditaminados polo Sergas tamén serán diarios e contan coa
colaboración da Cruz Vermella para realizárense.

Comunicado

En caso de que algunha das persoas poida dar un positivo en coronavirus ou haxa
unha sospeita, existen zonas aisladas individualizadas para derivar a estas persoas
no propio pavillón, á espera de que confirmarse positivos no Covid-19 sexan estas
persoas trasladadas a outro espazo habilitado para tal fin polo concello.