As accións de fumigación levaranse a cabo mañá e pasado por parte de traballadores municipais.
O Concello de Malpica, en cumplimento cos protocolos sanitarios para tratar de frear o avance do COVID-19, desinfectará os principais espazos públicos da vila.
As accións de fumigación levaranse a cabo mañá e pasado por parte de traballadores municipais, quenes cun líquido a base de lixivia e auga aplicarán unha desinfección en rúas, verxas, paredes e entradas dos espazos máis concorridos de Malpica.
Neste senso, o alcalde Walter Pardo quixo destacar “o traballo que están a desempeñar estes días os traballadores municipais. Por outra banda, insto á cidadanía a quedar na casa, xa que só así poderemos frear a pandemia”, concluía o rexedor.