A Concellería de Mobilidade comunícalles ás asociacións deste transporte público que operan no termo municipal da Coruña unha serie de instrucións de limpeza e sobre as características dos servizos que van ofrecer neste período, co fin de garantir a saúde e seguridade das persoas usuarias
Co fin de garantir a saúde e seguridade das
persoas usuarias e das/os profesionais que prestan o servizo do transporte público
de taxi e no ámbito das competencias municipais no que se refire a transporte e a
mobilidade, segundo o artigo 25.2.g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das
bases do réxime local, a Concellería de Mobilidade recomenda durante o período de
Estado de Alarma:
1.Segundo a orde do Ministerio publicada onte no BOE (Boletín Oficial do Estado),
os desprazamentos deberán realizarse individualmente, salvo que se acompañe a
persoas con discapacidade, menores, maiores ou por outra causa xustificada.
2.Todos os vehículos deberán ter colocados carteis informativos no seu interior, en
que se avise da situación de urxencia sanitaria e declaración do estado de alarma
pola pandemia do COVID-19, e nos que se informe das medidas de prevención
ditadas polas autoridades sanitarias.
3.Ademais, tanto as páxinas web como as aplicacións para teléfonos móbiles das
asociacións e empresas do sector deberán incluír todas as mensaxes oficiais que se
refiran a esta situación excepcional.
Nota de Prensa
4.Cómpre extremar a limpeza e desinfección do vehículo, sobre todo, as zonas e
elementos máis comúns ao tacto, como son os tiradores das portas, cintos de
seguridade e os elementos de apertura e de peche, mandos de control,
repousabrazos e asas. Tamén se deberá aumentar a frecuencia da limpeza e
desinfección para que, polo menos, se realice unha vez ao día, con produtos
recomendados polas autoridades sanitarias pola súa maior capacidade de
desinfección. Recoméndase que durante estas tarefas de limpeza se utilicen os
elementos de seguridade que indiquen os produtos empregados e que se eliminen
de forma axeitada os refugallos da limpeza.
5.Respecto da protección persoal, recoméndaselles ás e aos profesionais do sector
do taxi que cumpran coas regras básicas de hixiene persoal que determinen as
autoridades sanitarias, como o lavado regular das mans, o uso de toallas de papel
dun só uso, esbirrar e tusir en panos dos de tirar; ou no seu defecto, no cóbado, e
evitar tocar o nariz, os ollos e a boca.
6.No interior dos vehículos, deberase renovar o aire abrindo as ventás de forma
periódica e evitar empregar os medios de climatización. Convén pór ao dispor das
persoas usuarias toalliñas ou xeles desinfectantes de uso persoal.
7.Recoméndase utilizar medios electrónicos para o pagamento e a través de
aplicacións móbiles e limitar ao máximo o pago en efectivo, para minimizar o
contacto entre o/a condutor/a e as persoas usuarias.
8.Se as e os profesionais que prestan estes servizos presentan síntomas
compatibles co coronavirus, como son febre, tose seca, dor de gorxa, dor muscular
ou dificultade respiratoria, deberán seguir as pautas indicadas polas autoridades
sanitarias e interromper de xeito automático a prestación do servizo.
Nota de Prensa
9.Estas recomendacións complementaranse coas instrucións e medidas preventivas
que se poidan emitir desde as diferentes autoridades sanitarias do Estado e da
Xunta de Galicia e actualizaranse en función das súas indicacións. Estarán vixentes
mentres dure a alerta sanitaria.