Friday 22 de November de 2024

O Concello de Miño toma medidas extraordinarias para paliar a crise sanitaria provocada polo COVID-19


Entre elas adoptarase a creación dun servizo de voluntariado, de atención psicolóxica vía telefónica, de Asesoramento Xurídico e de repartición a domicilio de alimentos e produtos básicos.

O Concello de Miño toma medidas extraordinarias para paliar a crise sanitaria provocada polo COVID-19. Entre elas adoptarase a creación dun servizo de voluntariado, de atención psicolóxica vía telefónica, de Asesoramento Xurídico e de repartición a domicilio de alimentos e produtos básicos. Tamén se anuncia que os parquímetros de ÓRAA deterán o seu funcionamento.

Servizo de voluntariado
É necesario recoller nome e apelidos, dirección e idade para posteriormente establecer a atención de cada persoa voluntaria aos veciños e veciñas que o necesiten @teniendo en cuenta os seguintes criterios: necesidade, proximidade da vivenda entre as dúas persoas (voluntaria e solicitante) e a idade de cada unha, así como outras características persoais.

Ábrense dúas vías de contacto. En primeiro lugar, para anotarse como persoa voluntaria hai que chamar aos teléfonos 981 78 26 59 ou 981 78 44 05, para dar o seu nome, apelidos, teléfono, lugar de residencia e se se dispón de carné e vehículo propio. As persoas que xa contactaron estes días co Concello non terán que volver facelo.

Para demandar a axuda: chamar a Servizos Sociais, no 981 78 26 59 ou 981 78 44 05 para dar nome, teléfono e lugar de residencia. Se alguén coñece a algún veciño ou veciña nesta situación, poden facelo chegar a través destes dous números de contacto.

Axuda psicolóxica

Precísanse dúas medidas. En primeiro lugar elaborouse un documento de pautas psicolóxicas para asesorar á cidadanía neste aspecto. En segundo lugar, abriuse un teléfono de Atención Psicolóxica que estará a cargo da Educadora Familiar, para atender necesidades deste tipo. Trátase do 607 676 944.

Asesoramento Xurídico

O Concello de Miño prestará este servizo ao que a cidadanía se poderá acoller previa solicitude telefónica, e cada luns a avogada recibirá as citas que se recollen desde a área de Atención ao Cidadán, no 981 78 2659 e no 981 78 44 05.

As bolsas de alimentos de Servizos Sociais repartiranse a domicilio para evitar saídas innecesarias. Por tanto, deixan de recollerse no local social da Galea ata novo aviso. Finalmente, os parquímetros de ÓRAA quedan desactivados ata novo aviso, deixando de funcionar para evitar contagios e para facilitar os desprazamentos que sexan estritamente necesarios.

Desde o Concello, agradécese a colaboración cidadá e tamén das traballadores e traballadoras municipais, e empresas auxiliares. Entre todas e todos sairemos desta crise. Lembramos tamén que a través das nosas redes sociais municipais estamos a combinar a información sobre a situación con propostas para nenos e adultos, co fin de facer máis levadío o confinamento.