Con esta medida, non estará concentrado todo o cadro de persoal no parque da
Grela e poderanse atender mellor as demandas e necesidades da cidadanía
A Coruña, 17 de marzo de 2020.- O Goberno local agradece a cesión por parte da
Deputación, das instalacións do IES Calvo Sotelo para recolocar alí unha parte do
persoal do Parque de Bombeiros da Coruña. O presidente da Deputación da
Coruña, Valentín González Formoso, materializou esta mañá a resolución pola que
a institución provincial pon ao dispor do concello de forma temporal parte das
insfraestruturas do IES Calvo Sotelo, na rúa Archer Milton Huntington. Alí situarase
unha dotación do Parque de Bombeiros da Coruña e deste xeito, non estará
concentrado nun único emprazamento físico todo o cadro de persoal. Esta medida
tómase para garantir así un servizo axeitado á cidadanía durante a crise santiaria do
coronavirus.
Desprazaranse dous camións dos Bombeiros ao Calvo Sotelo, onde se habilitarán
tamén seis dependencias da residencia para as e os profesionais, que poderán ser
ampliadas por demanda do concello e en función das necesidades futuras.