Sunday 24 de November de 2024

O concello de Ribeira crea unha comisión de seguemento da evolución do coronavirus


A COMUNICACIÓN COS CIDADÁNS SERÁ POR VÍA TELEMÁTICA OU TELEFÓNICA SALVO CASOS DE URXENCIA PREVIA CITA
Logo das últimas instrucións e recomendacións do goberno do Estado, a Xunta de
Galicia e da Federación Galega de Municipios e Provinciais
(FEGAMP) o Concello de Ribeira foi escenario esta mañá dunha
reunión coa fin de adoptar novas medidas na loita contra a pandemia
do coronavirus, a primeira das cales foi a creación dunha comisión
municipal de seguimento da evolución do COVID-19 que se reunirá
diariamente ás 9.30 horas.
Esta comisión estará formada polo alcalde, primeira tenente de
alcalde, xefe da Policía Local, responsable do Servizo de
Emerxencias, xefa de Servizos Sociais, interventor e secretario xeral
do Concello. Noutra orde de cousas, o alcalde avoca as
competencias conferidas á xunta de goberno, aos tenentes de alcalde
e aos concelleiros e non se celebrarán sesións de órganos colexiados
(como plenos, comisións informativas, etc…) coa única excepción da
citada comisión de seguemento.
A partir de mañá martes a comunicación co Concello debe realizarse
de xeito telemático a través da sede electrónica municipal ou vía
telefónica. De xeito especial habilítase un número de atención ás
persoas maiores ou para persoas con dependencia funcional con
necesidades de abastecemento: será o 981 870 933.
Para casos de urxencia, o Concello atenderá, previa petición de cita
por vía telefónica, en horario de 9 a 14 horas. O servizos

administrativos municipais funcionarán con porta pechada nese
mesmo horario, dun modo reducido, co establecemento dos seguintes
servizos mínimos: conserxería municipal, estatística, rexistro de
entrada, portelo único, secretaría xeral, intervención, tesourería,
informática, obras e vías públicas e cemiterios.
Saneamento e limpeza
Igualmente, establécense servizos mínimos nos servizos de
saneamento e augas e nas estacións depuradoras que garantan o
correcto funcionamento destas infraestruturas, ademais de atender
incidencias as 24 horas por medio de persoal de garda. No que se
refire ao servizo de recollida de lixo, suprímese temporalmente o
barrido nos paseos e priorízase a limpeza e desinfección de
marquesinas e contedores de apertura manual.
No que se refire á Policía Local e Servizo de Emerxencias (GAEM) e
Protección Civil, continuarán coa prestación do seu labor de xeito
ordinario, pudendo ser reforzados cando a situación o requira. A este
respecto, vaise proceder á contratación urxente de catro auxiliares de
policía local a través das bolsas de emprego de anteriores
convocatorias.
Mascarillas
Por outra parte, dende o Concello quérese facer un chamamento para
que todas aquelas persoas ou entidades que poidan aporta
mascarillas FPP2 e FPP2 se poñan en contacto co GAEM de Ribeira
(981 876 029), tal e como xa fixo altruistamente algunha empresa da
zona.