Friday 22 de November de 2024

O Concello de Vimianzo porá a disposición da veciñanza en situación de especial vulnerabilidade un servizo de entrega a domicilio de produtos de primeira necesidade


  • A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, explicaba que “estamos a vivir unha situación de crise excepcional e temos que poñer todos os medios ao noso dispor para paliar canto antes esta crise”.

O Concello de Vimianzo porá a disposición da veciñanza en situación de especial vulnerabilidade un servizo de entrega a domicilio de produtos de primeira necesidade, a ter en conta alimentos e medicamentos como prioridade.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, explica que “estamos a vivir unha situación de crise excepcional e temos que poñer todos os medios ao noso dispor para paliar canto antes esta crise”, sinala a rexedora.

Desde o Concello rogamos un uso responsable deste servizo, para poder atender correctamente á veciñanza que máis o precisa. Os horarios de atención telefónica será de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.

Teléfonos de interese

Os principais teléfonos de atención ao público serán o do Concello, o 981 71 60 01, en horario de 9:00 a 14:00 horas; Servizos Sociais 981 70 74 26, en horario 9:00 a 14:00 horas. Fuera de este servicio, Protección Civil no 648 24 02 17 e Policía Local no 617 48 48 52.