O Concello de Lousame decidiu aprazar a II Xuntanza dos Maiores de
Lousame como medida de precaución e seguindo as recomendacións das autoridades
sanitarias para previr a propagación do coronavirus COVID-19. Unha xuntanza inicialmente
programada para este domingo 15 de marzo, ás 14:00 horas, no restaurante Trapeiro.
Nestas últimas horas o Concello de Lousame se puxo en contacto coas máis de 300 persoas
anotadas para a II Xuntanza dos Maiores para informarlles do aprazamento da actividade,
que se retomará máis adiante.