A Xunta de Goberno sacou adiante as obras para rehabilitar integralmente o edificio e aprobou a convocatoria para o curso que vén das Bolsas comedor
A Xunta de Goberno aprobou esta mañá as obras
de rehabilitación do mercado de Durmideiras, que deixarán a planta baixa como de
compra-venda cun espazo para uso social no medio e coa planta alta “polivalente”
para a que non están determinados os seus usos. O proxecto enmárcase dentro da
Estratexia EidusCoruña, que está financiada nun 80% polo Fondo Europeo de
Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do eixo de desenvolvemento urbano
do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020”. Nel,
liberarase o espazo interior de ambas as plantas, de xeito que a de arriba quedará
diáfana e apta para albergar calquera tipo de eventos promovidos pola veciñanza.
Na de abaixo, reorganizaranse o conxunto de postos e trasladaranse ao centro para
que a fachada sexa totalmente aberta á rúa. O edificio acristalarase en todo o seu
perímetro co fin de darlle unha maior visibilidade á actividade comercial.
Por outra parte, na xunta sacaron adiante unha nova convocatoria por parte de
Benestar Social das bolsas comedor para o curso 2020-2021, en que as persoas
solicitantes serán as e os escolares, polo que se comprobarán as débedas deles e
non as dos seus proxenitores e nas que se aumentará a renda per cápita das
persoas usuarias aos 7.000 euros. O gasto das axudas distribuirase en 450.000
euros, de setembro a novembro, con cargo ao orzamento actual para este ano e
1.050.000 euros, de decembro de 2020 a agosto de 2021, con cargo ás contas do
ano que vén. De seguido, as bolsas publicaranse no Boletín Oficial da Provincia
Nota de Prensa
(BOP) da Coruña, na sede electrónica do concello e na Base de Datos Nacional de
Subvencións.
Ademais, adxudicáronse varios dos lotes que forman parte do programa de
itinerarios formativos de “Coruña Suma”, o proxecto do Servizo Municipal de
Emprego co que o Goberno local busca a inserción no mercado de persoas que
teñen dificultades para conseguila, a través da activación e especialización nos
sectores con máis saídas laborais. Dos novos lotes formativos, que se engloban
dentro dun contrato valorado en 2.657.308,38 millóns de euros (IVA incluído) e que
están cofinanciados polo Fondo Social Europeo, encargaranse as empresas Siglo
XXI Consultores de Formación, SL., Sararte, SL., e Norquality Consultores, SL.,.e
abordarán distintas materias que atenden ás areas de Informática e a módulos
transversais sobre igualdade de oportunidades entre homes e mulleres,
desenvolvemento sustentable, novas tecnoloxías da información e á formación para
a obtención do carné de manipulación de alimentos.
Tamén rexeitaron o recurso interposto pola Sociedade de Xestión de Activos
Procedentes da Reestruturación Bancaria SA (SAREB) contra o acordo que tomou a
Xunta de Goberno local en maio de 2019, en que se declarou a caducidade da
licenza concedida a Promociones Isidro Paz, SL. para construír un edificio nas
parcelas números 69-71 da Rolda de Nelle, números 4-6, 10-12, 14-16 da rúa
Fátima e 32-34 e 38 da rúa Marabillas.
Na área de cultura, prorrogouse a concesión de dominio público sobre o local do
Aquarium Finisterrae destinada á venda de obxectos e publicacións da Casa dos
Peixes ás persoas visitantes e dentro do departamento de contratación, desistiron
do procedemento aberto con diversos criterios de valoración suxeito á regulación
harmonizada para contratar o servizo de apoio para a redacción dun instrumento de
aproximación ás determinacións de planificación integrada e gobernanza territorial
da Área Urbana da Coruña e da súa contorna metropolitana.
Nota de Prensa
Así mesmo, acordouse a comparecencia en procedemento ordinario, promovido por
FCC Medioambiente, SA e Ingeser Atlántica, SL UTE, contra a resolución do
Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de
Galicia pola que se estiman os recursos especiais en materia de contratación
interpostos pola UTE Copasa-Geseco-Setec Building e por CESPA, SA. contra a
adxudicación do lote 2 da contratación dun servizo de conterización, recollida e
transporte de residuos urbanos na cidade.