Friday 22 de November de 2024

Yoya Neira: “Debemos loitar contra calquera expresión de odio ou intolerancia, veñan do ámbito que veñan, e illar aquelas persoas ou organizacións que as profiran”


A concelleira presentou esta mañá no consistorio o informe anual do Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia do 2019 xunto a membros da asociación ALAS Coruña e do Observatori Contra l’Homofobia de Cataluña

Esta mañá presentouse no concello o informe anual do Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia do ano 2019, en que participaron a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, Carlos Emilio Mella Casal, presidente de ALAS Coruña (entidade que xestiona o observatorio), e José Cuadrado, director de Comunicació do Observatori Contra l’Homofobia de Cataluña.

O informe, que leva por nome “Servindo a igualdade”, ten como obxectivo informar e cuantificar os delitos contra a LGTBIfobia. En concreto, na cidade da Coruña necesitáronse no pasado ano 58 atencións, 20 das cales estaban referidas a incidentes de odio contra esta comunidade.

Yoya Neira felicitou a ALAS Coruña “polo traballo realizado durante este ano no Observatorio e polo seu compromiso na loita en favor da diversidade afectivo-sexual na nosa cidade” e a todas as entidades activistas da Coruña polo seu traballo diario. A edila asegurou que “desde as administracións públicas debemos loitar contra calquera expresión de odio ou intolerancia, veñan do ámbito que veñan, e illar aquelas persoas ou organizacións que as profiran. Tamén debemos seguir traballando pola educación en liberdade, arma indispensable para conseguir que as
Nota de Prensa

ditas expresións desaparezan da nosa sociedade e conseguir así unha máis decente, unha sociedade que non humilla os seus membros”.

O presidente de ALAS Coruña lembrou que a asociación cumpre este ano o seu décimo aniversario e agradeceu a colaboración de todas as persoas que participaron “nesta viaxe cara á igualdade real”. Mella tamén explicou que achegarán o documento presentado hoxe “a diferentes institucións como a Valedora do Pobo, Policía Nacional e Policía Local, Participación Cidadá ou o Ministerio do Interior” e que o informe está xa dispoñible na páxina web da entidade xa que “os datos son totalmente accesibles”.

José Cuadrado fixo referencia á importancia de “cuantificar a LGTBIfobia co fin de amosarlles datos das agresións ás institucións para que se traduzan en políticas públicas LGTBI activas”