Saturday 16 de November de 2024

Benestar Social aumenta a renda per cápita das persoas usuarias das bolsas comedor aos 7.000 euros


 

A Xunta de Goberno aprobará mañá a convocatoria para o próximo curso, en que as persoas solicitantes serán as e os escolares, polo que se comprobarán as débedas deles e non as dos seus proxenitores ou titores
A Xunta de Goberno local aprobará mañá unha
nova convocatoria por parte de Benestar Social das bolsas comedor para o curso
2020/2021, en que se amplía a cobertura da axuda a períodos vacacionais para
aquelas nenas e nenos que sexan beneficiarias/os e que conten cun informe técnico
dos equipos de atención social que detecten neles un risco de exclusión social. Por
outra parte, auméntase a renda per cápita, que pasa dos 6.000 aos 7.000 euros, e
increméntase de 3.000 a 3.600 euros o importe da dedución por alugamento e/ou
hipoteca. Así mesmo, as/os escolares que pertencen a familias beneficiarias de
RISGA e Renda Social Municipal equipararanse á puntuación máis alta no nivel de
renda.

Ademais, as persoas solicitantes serán as e os escolares, polo que se comproborán
exclusivamente as débedas que teñan eles. Outra das novidades é que para
calcular os ingresos da unidade familiar terase en conta aos proxenitores ou titores
xunto ás fillas e fillos beneficiarios. Entre as melloras da convocatoria, está a de
permitir ser beneficiarias/os a persoas maiores de idade. Deste xeito, poderá
solicitar as bolsas o estudantado repetidor.

Nota de Prensa

A nivel administrativo, procurarase que a redacción da convocatoria, os impresos de
solicitude e os anexos sexan o máis sinxelos posible para que as persoas
demandantes non cometan ningún erro á hora de cumplimentaren os formularios e
achegaren a documentación requirida, así como en autorizaren ao Concello a
consulta destes datos.