Abertas as inscricións para a próxima etapa: sábado 28 de marzo, Dozón – Bendoiro (Lalín)
Un total de 40 veciños e veciñas de Frades participaron na cuarta etapa do Camiño de Santiago “Vía da Prata”, que tivo lugar este sábado organizada polo Concello de Frades. A expedición cubriu os 19 quilómetros que separan San Cristovo de Cea e Castro (Dozón). O tempo acompañou e os “peregrinos” fradenses mesmo se animaron a facer unha visita ao mosteiro de Oseira.
Se a climatoloxía o permite, a próxima cita terá lugar o sábado 28 de marzo, data na que se percorrerán os 18,8 quilómetros que separan Dozón de Bendoiro, no municipio de Lalín. O prezo mantense nos 10 euros por persoa (non inclúe xantar) e as inscricións poden formalizarse no Concello de Frades ou chamando aos teléfonos 981 695 567 ou 981 695 663.