O prazo de inscrición remata o 22 de marzo e como requisitos a concellería esixe que a metade das persoas integrantes do grupo non superen a trintena e que estean vivindo ou cursando estudos nun centro do municipio
A Concellería de Benestar Social abre o prazo de
inscrición nos Locais de Ensaio, en que se convocan ata 48 prazas semanais para o
vindeiro semestre. Para apuntarse, requírese que a metade das persoas integrantes
do grupo sexan menores de 30 anos e que o 50% da agrupación acredite que vive
ou cursa estudos nun centro do municipio.
En locaisdensaio.blogspot.com pódense consultar as bases de convocatoria,
descargar o formulario de inscrición, e consultar toda a documentación esixida para
solicitar unha vacante antes do 22 de marzo. Este espazo municipal está dotado con
todo o necesario para que as bandas só teñan que achegar ao Coliseum as súas
guitarras, baquetas e as ganas de tocar. Ademais, contan cun estudo de gravación
onde materializaren as súas primeiras maquetas, e dispoñen dun departamento de
imaxe co fin de completaren a súa posta en escena coa elaboración de logotipos,
fotografías e demais arquivos que os axuden a chegar ao seu público, así como
diversos eventos en que mostraren en directo o seu traballo.
Nos últimos meses notouse un incremento dun 20% no interese deste servizo, que
deu acubillo a 45 grupos. Máis dun terzo deles presentaron a súa música en directo
durante o anterior semestre e algúns deles mesmo publicaron disco nas últimas
datas (Crimson And Clover, El Chico de la Última Fila) ou están a piques de facelo
Nota de Prensa
(Dequensessendo). Outros como WetSocks e Crystal Somnia ultiman os seus
videoclips.