A concelleira participou na xornada “Mulleres directivas habelas hailas”, no Centro ACCEDE Papagaio, que organizou AJE con motivo do Día Internacional da Muller
Esta tarde o Centro ACCEDE Papagaio da Coruña acolleu o evento “Mulleres directivas habelas hailas”, en que participou a concelleira de Innovación, Industria, Emprego e Consumo, Eva Martínez Acón.
A xornada, que se realizou con motivo do Día Internacional da Muller e que organizou a Asociación de Xoves Empresarios (AJE), contou coa participación de Irantxu Díaz, directora de Ikea Coruña, Xulia Santiso, directora da Casa Museo Emilia Pardo Bazán, Gabriela González, directora de Relacións Internacionais e Comunicación de Vegalsa-Eroski, e Berta Lema, representante de AESGAL.
Na súa intervención, a concelleira aludiu á importancia de que as institucións “incidan na igualdade real” e, dixo, “en tanto non se consiga a igualdade para os autónomos e as autónomas cos mesmos dereitos que o resto de traballadores e traballadoras, flexibilidad horaria ou horarios que permitan a conciliación e corresponsabilidade, non haberá igualdade de oportunidades”.