Friday 22 de November de 2024

Dous convenios de colaboración polos que se reformarán as piscinas municipais de Muros e Outes


Ambos acordos foron aprobados no pleno ordinario de decembro da Deputación de Coruña

A Deputación da Coruña aprobou no pleno ordinario de decembro dous convenios de colaboración polos que se reformarán as piscinas municipais de Muros e Outes. Este último acordo é o máis relevante xa que o investimento roza os 250.000 euros.

Con esta achega o concello poderá poñer fin aos problemas que sofre este equipamento grazas a unha reforma integral levada a cabo con fondos provinciais. O proxecto contempla todas as obras necesarias para resolver os problemas construtivos do edificio e mellorar as instalacións existentes. Para iso, vaise reparar a cuberta do vestíbulo e así atallar as humidades, modificaranse os cuartos de maquinarias e caldeiras e substituirase a carpintería actual por aluminio con rotura de ponte térmico e vidros illados.

Na zona da nave da piscina vaise cambiar todo o cerramento de vidro por novas carpinterías que eviten a condensación actual e melloren o comportamento térmico do recinto. A inversión da Deputación, de 249.976,50 euros, representa o 100% do custo do proxecto.

Convenio con Muros
Tamén na piscina municipal de Muros, a Deputación da Coruña realizará un investimento para reparar a cuberta.

Neste caso, o tellado actual plano converterase nunha cuberta a dúas augas coa pendente necesaria para mellorar o seu funcionamento e o mantemento do edificio. A nova estrutura executarase a base de paneis tipo sándwich e instalarase un novo caleiro perimetral de aceiro inoxidable. Por último, substitúense os actuais lucernarios por outros tipo bicapa.

Nesta actuación a Deputación investirá 93.500, o total do orzamento.