Saturday 16 de November de 2024

Éxito na representación teatral de “Os nenos da Varíola” na Casa da Cultura de Ordes.


A representación teatral “Os Nenos da Varíola” enche o auditorio da Casa de Cultura de Ordes para homenaxear a Isabel Zendal, filla predileta do Concello de Ordes.
A Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes en colaboración coa Mancomunidade de Municipos da Comarca de Ordes, coincidindo co 8 de marzo, Día Internacional da Muller, promoveron a exaltación da figura de Isabel Zendal a través dunha magnífica interpretación teatral da adaptación da novela de María Casar.
Presentaron a actuación Dª. Susana García Gomez – Presidenta da Mancomunidade de Ordes, D. Mariano Iglesias Castro – Presidente do GDR ASDECOMOR e D. Javier Blanco Carballal – Subdirector Xeral de Relacións cos GDR da AGADER.
Entre o numeroso público atopábanse varios alcaldes e membros das distintas corporacións municipais da nosa bisbarra, representantes da Asociación Isabel Zendal, encabezada pola súa Presidenta Dona Pilar Farjas, así como un elevado número de mozos e mozas.
Durante 55 minutos os asistentes disfrutaron da sobresaínte actuación de Victoria Pérez, Isa Risco, Manu Fernández e Xosé Leis, que provocaron nos asistentes risas e bágoas por igual.
Lembrar a Isabel Zendal, foi a humilde contribución do GDR ASDECOMOR e da Mancomunidade de Ordes no Día Internacional da Muller, e o seu compromiso constante pola igualdade efectiva entre mulleres e homes.