A alcaldesa, Inés Rey, participou no paseo en que se amosou a cidadanía todos os medios dos que dispoñen na Grela para mellorar a calidade e os tempos das súas intervencións
A alcaldesa, Inés Rey, participou esta mañá no percorrido que realizou o servizo de Bombeiros para ensinarlle a cidadanía os medios dos que dispoñen e as novidades que incorporaron este ano. O corpo partiu do parque da Grela dirección Rolda de Outeiro, Manuel Murguía e Paseo Marítimo para pasar polo barrio de Monte Alto, Torre de Hércules, onde fixeron unha parada, Panadeiras, Santo André, Catro Camiños e voltar á base por Salgado Torres. Entre a flota, a veciñanza puido ver o novo vehículo de primeira saída que adquiriron recentemente e unha autoescaleira de 18 metros para acceder a zonas máis dificultosas como Peixería o a Cidade Vella, ademais do novo vehículo de mando, que permite que as persoas responsables estean nos distintos postos de emerxencia para tomaren mellor as decisións. Todos estes medios e os que xa tiñan converten ao servizo, segundo o responsable de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, nos mellores parques de Galicia e “somos envexados polos da nosa categoría”