A organización admitirá inscricións na proba nocturna do 28 de marzo ata o vindeiro día 22 de marzo en: www.coruna.gal/carreiraspopulares e www.championchipnorte.com
O circuíto instalado nos arredores da Torre de Hércules acollerá na noite do 28 de marzo a décima edición da Carreira Popular Torre de Hércules e a segunda Andaina Solidaria #Querémonosvivas.
A organización manterá aberta ata o día 22 a inscrición, que é gratuíta para os menores de idade, mentres que as persoas adultas deberán pagar dous euros, aínda que as persoas desempregadas, as maiores de 65 anos e as titulares do carné xove só deberán aboar un euro. Esta inscrición pode realizarse de forma telemática a través das webs www.coruna.gal/carreiraspopulares e www.championchipnorte.com .
A inscrición nesta proba entra dentro da inscrición do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre do año 2020. O día 22 de marzo rematará tamén o prazo de inscrición neste circuíto.
A proba, organizada polo Concello da Coruña e a Fundación EMALCSA, está integrada no VIII Circuíto de Carreiras Populares e conta xa con 203 persoas inscritas nas diferentes categorías: Peques (non competitiva), Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16, Sub 18 e Absoluta, ademais da Andaina Solidaria.
Nota de Prensa
Os máis cativos só correrán 150 metros, mentres que os participantes de ata 12 anos farán 800 metros. Os de 14 correrán 1.600 metros e os 16 e 18 terán unha proba de 2.400 metros. A categoría absoluta e a Andaina Solidaria Terán pola súa banda un percorrido de 6.625 metros.
O horario de saída das carreiras comezará ás 17.30 horas coa dos Peques, tras a que sairán o resto das categorías de forma sucesiva ata que ás 20.30 saia a absoluta, que será seguida cinco minutos despois pola Andaina Solidaria.
A carreira forma parte da programación do día 8 de marzo (Dia Internacional das mulleres) e trata de darle visibilidade á Igualdade dentro do deporte así como ao rexeitamento á violencia de xénero.
Ademais, é a única carreira solidaria organizada polo Concello da Coruña e a Fundación Emalcsa. O concello pretende recadar fondos que irán destinados á investigación contra o cancro. No año 2019 recadáronse 9.744 euros para esta finalidade. Neste ano queremos ampliar esa cifra.
As persoas que desexen facer unha doazón recibirán de regalo unha camiseta. Admitiranse doazóns dende 3 euros. As doazóns pódense facer na páxina web á hora de inscribirse ou ben depositalas directamente nunha urna o día da carreira. Toda a doazóns son recadadas pola Fundación EMALCSA e haberá que dirixirse á Fundación para solicitar un certificado da doazón realizada.
Lugar e recollida de dorsais O dorsais recolleranse na aula habilitada para o efecto na Cidade Deportiva da Torre o 27 de marzo de 17.00 a 21.30 horas e o 28 de marzo dende as 10.00 horas e ata media hora antes do comezo de cada unha das carreiras.
Nota de Prensa
Dorsal 261 Todas as persoas que participen na Andaina Solidaria levarán o dorsal 261 en homenaxe a Katherine V. Switzer, a primeira muller que en 1.967 correu un maratón cur dorsal oficial identificado con este número. Foi no Maratón de Boston. Katherine apuntouse no maratón coas súas iniciais e non se deron conta da presenza dunha muller ata unha hora despois de empezar a carreira. Este foi o punto de partida para que as mulleres puidesen participar en carreiras de longa duración.
Servizos a corredoras Haberá servizo de duchas e vestiario o día da carreira na Cidade Deportiva da Torre para as persoas participantes na categoría absoluta e estará dispoñible a partir das 20.00 horas, ademais dun servizo da gardarroupa no frontón do mesmo complexo de 19.30 a 22.15 horas.