O Concello de Riveira que está semana quedou adxudicada unha nova actuación consistente na pavimentación das rúas que rodean o Auditorio: rúa de Portugal, prazas dos Mariñeiros e de Cemiteria e o resto de vías sutuadas en torno ao citado edificio municipal e doutras sedes como Facenda ou o Centro de Saúde.
A superficie total da actuación será de 4.600 metros cadrados, superficie que recibirá un tratamento de aglomerado asfáltico tipo D12.
A empresa que acometerá a obra será Canarga S.L., cun prezo de adxudicación de 43.181,16 euros.