Friday 22 de November de 2024

A Xunta pon en risco o futuro da OSG ao negarse a cumprir os seus compromisos de financiamento


A Xunta debe 5.225.080 euros desde o 2011 á Sinfónica, cantidad que non ten pensado aboar. Ademais, non concreta ningunha mellora na financiación dunha das mellores formacións de Europa, deixando no aire o futuro da súa oferta formativa.

A Xunta de Galicia está a poñer en risco a excelencia e a actividade formativa da Orquestra Sinfónica de Galicia, ao negarense a cumprir os termos do convenio asinado o 28 de decembro do 2004, cando a Xunta se integrou no Consorcio da Música. O documento rubricado entón explicitaba o compromiso por parte de Administración autonómica de aportar en cada anualidade non menos de 3 millóns de euros cada ano para o funcionamento da orquestra. Desde o ano 2011 a Xunta ven incumplindo esa cláusula en cada exercicio. Estas son as cantidades aportadas desde ese exercicio ata o 2019:

2011 2.626.000
2012 2.579.207
2013 2.254.200
2014 2.141.490
2015 2.163.000
2016 2.163.000
2017 2.640.360
2018 2.560.800
2019 2.620.862
Nota de Prensa

A cantidade impagada pola Xunta desde o 2011 ascende a 5.225.080 euros. Para o ano 2020 a Xunta ten previsto aportar 2.696.867 euros, lonxe tamén da cantidade á que se comprometeu no convenio asinado no 2004.

Co fin de atopar unha saída ao problema hoxe reuníronse o concelleiro de Educación, Cultura e Memoria Histórica, Jesús Celemín e o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior e portavoz do Goberno local, José Manuel Lage Tuñas, con representantes da Xunta dentro da comisión mixta de seguimento do convenio.

O encontro, nembargantes, non serviu para atopar solución algunha, xa que a Xunta negouse a aportar os fondos que adeuda para resolver o problema económico da Sinfónica, unha formación na que o concello inviste cada ano 3,3 millóns de euros para o vindeiro exercicio. Tampouco concretou ningunha posible suba anual para chegar a ese equilibrio orzamentario. “A reunión da comisión mixta foi unha tomadura de pelo intolerable. Non imos consentir que se desprecie á Orquestra Sinfónica de Galicia como fixo hoxe o representante da Xunta”, dixo Lage Tuñas en alusión a Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais.

“Ë unha tomadura de pelo porque recoñecen que incumpren o convenio para financiar á Sinfónica e quédanse tan anchos”, afirmou Lage Tuñas. Pola súa parte, Jesús Celemín calificou a posición da Xunta de “irrisoria e inimaxinable”.

A OSG ten hoxe 9.590.353 euros de orzamento, menos do que tiña no 2001 pese ao incremento desde entón dos salarios e dos presos. Se a Xunta non aporta unha solución, a orquestra incurrirá nun déficit orzamentario estrutural no segundo semestre deste ano pese a ter reducida a actividade do coro e á cancelación do encontro da Orquestra Xove previsto en Semana Santa. O gasto en persoal supoñía no 2003 un 62% do orzamento total da formación, porcentaxe que ascende ao 78% no 2020. Sen máis medios, non terá forma de manter unhas actividades formativas
Nota de Prensa

que a través da Orquestra Xoven, da Orquestra Infantil e dos distintos coros chegan a preto de 600 alumnos.

“A verdade é que recibimos con tristeza o desprezo da Xunta á OSG e á cidade da Coruña. Esperamos que o señor Núñez Feijóo tome nota e rectifique a lamentable posición defendida polo representante da Consellería de Cultura”, apuntou Lage Tuñas, sorprendido tamén “porque o señor Lorenzo calificara o convenio asinado por Manuel Fraga coma un brindis ao sol”, unha “descalificación do presidente Manuel Fraga, aínda que é boa verdade que os conversos son os peores e o señor Lorenzo é unha boa proba delo”