Friday 22 de November de 2024

Os Bombeiros percorrerán este domingo a cidade cos seus vehículos para conmemorar ao seu patrón


 

O corpo municipal anuncia que modifica o seu itinerario inicial, que coincidía en dous tramos co percorrido da manifestación do 8-M , para non entorpecer esta concentración e favorecer o seu correcto desenvolvemento

O próximo domingo, 8 de marzo, os Bombeiros
da Coruña festexan ao seu patrón, San Xoán de Deus, e para conmemoralo
circularán cos seus vehículos oficiais desde as 11.00 h por diferentes puntos da
cidade.

A comitiva sairá do parque de bombeiros e, ata o día de hoxe, tiña pensado
percorrer a cidade pasando por Manuel Murguía, percorrer o Paseo Marítimo
pasando pola Torre de Hércules, Rúa da Torre, Praza das Atochas, Paseo do
Parrote e volver pasando pola Mariña, Cantóns e Linares Rivas ata chegar de novo
ao parque de bombeiros. Ao coincidir este percorrido con parte do itinerario da
manifestación do 8-M polo Día Internacional das Mulleres, que sairá do Obelisco e
rematará na praza das Cigarreiras, o corpo de Bombeiros decidiu hoxe modificar o
seu percorrido para non entorpecer a manifestación do 8-M.
O novo itinerario da comitiva dos Bombeiros baixará de Monte Alto e, en vez de
pasar polo Parrote e a avenida da Mariña, collerá a rúa Panadeiras e rúa San
Andrés ata chegar á praza Pontevedra seguindo por Juan Flórez o seu percorrido.